AXUDAS TRANSPORTE ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL
AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2023-2024) BENEFICIARIOS: Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online. Quedas excluídos destas axudas aqueles estudantes que puideron ser solicitantes da “Tarxeta Xente Nova” da Xunta de Galicia, durante o Curso 2023-2024. Aqueles estudantes que, por causa da idade se viran excluídos durante o Curso 2023-2024, do ámbito de aplicación da “Tarxeta Xente Nova”, poderán solicitar estas axudas, polos meses do Curso que se viran excluídos, (considerarase que o Curso vai dente setembro a xullo). REQUISITOS: - Estar empadroado no Concello de Ourol - Figurar matriculado no curso académico 2023-2024 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados. TIPO DE AXUDAS: Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios: - De 1 Km a 15 Km ........................ 100 € - De 15 Km a 50 Km .......................150 € - De 50 Km a 175 Km .....................200 € - De máis de 175 Km ..................... 250 € Aqueles estudantes que cumpran os requisitos da base 3ª e cursen estudos fora de Galicia, poderán ser beneficiarios/as dunha axuda única de trescentos euros (300,00 €) PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 07 de outubro de 2024 DOCUMENTACION A APORTAR: - Modelo de solicitude debidamente cumprimentada e asinada polo/a interesado/a (se é menor de idade, polo seu pai, nai ou titor) - Fotocopia do DNI do/a solicitante debidamente cotexado co seu orixinal. - Certificación bancaria da conta corrente do interesado Xustificación para o cobro da axuda: 1.- Para os alumnos universitarios: 1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal. 1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2023-2024. 1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos 2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional: 2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2023-2024. INFORMA: Bases reguladoras publicadas no BOP nº 219 de data de 20/09/2024 Concello de Ourol en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109 O modelo de solicitude atópase a disposición dos interesados/as na sede electronica do concello de Ourol (https://concellodeourol.sedelectronica.es) Archivos adjuntos: |
Info General 20-Septiembre-2024 09:16
|