Ourol Informa
ENCONTRO DE MAIORES Dende o Concello de Ourol estase a organizar un Encontro de Maiores para Persoas Maiores de máis de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, que terá lugar o domingo 27 de outubro no Restaurante Louzao (Viveiro). Este encontro consistirá nunha COMIDA amenizada con música en directo e sorteo sorpresa.
Poderán acudir os cónxuxes ou parellas que non estén empadroadas aboando o importe da comida e recollendo a súa entrada no departamento de Servizos Sociais. 
As persoas dependentes poderán acudir con un acompañante.

Lugar: Restaurante Louzao (Area- Viveiro)
Día: 27 de outubro de 2024
Hora: 14:00 h.

Prezo: Gratuito (persoas empadroadas)
Data límite para anotarse: 24 de outubro de 2024
Lugar para a recollida de entradas: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.



Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 24-Septiembre-2024 10:55