Ourol Informa
O Concello de Ourol está a organizar un ENCONTRO DE MAIORES para persoas de máis de 55 anos empadroadas no Concello de Ourol, que terá lugar o día 28 de abril de 2018 no Resort Las Sirenas (Covas-Viveiro). Este encontro consistirá nunha COMIDA- BAILE con posterior sorteo de regalos. Lugar: Resort Las Sirenas (Covas-Viveiro) Día: 28 de abril de 2018 (sábado) Hora: 14:30 horas Prezo: Gratuito Data límite para anotarse: 19 de abril de 2018 Lugar para a recollida de Entradas: Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol. Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ó 982559109.

Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 06-Abril-2018 13:52