Ourol Informa
Está aberto o prazo de solicitude para o PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS 2018 (DOG nº 74 do 17/04/2018) OBXECTO: convocar un total de 679 prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2018, que se levarán a cabo nas quendas e establecementos termais que se relacionan no anexo IV. REQUISITOS: - Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilacion, invalidez , viuvez ou outras pensións. - Estar empadroados e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia. - Valerse por sí mesmo nas AVD. - Non padecer alteracións do comportamento nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. - Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais. - Acadar a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. DURACIÓN E SERVIZOS OFERTADOS: As quendas teñen unha duración de 10 días (nove noites) entre o mes MAIO E OUTUBRO de 2018. A estadía inclúe réxime de pensión completa, tratamentos termais e programa de actividades de animación sociocultural. PREZO: O prezo que pagarán as persoas beneficiarias, por praza e quenda para cada balneario, é o que figura no anexo IV da Orde do 10 de abril de 2018. PRAZO DE INSCRICIÓN: Para as quendas entre maio e xuño ata 16 de maio. Para as quendas entre os meses de xullo e outubro ata o 31 de maio de 2018. Para máis información poden dirixise ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamando ó teléfono 982559109.
Servicios Sociales 17-Abril-2018 10:03