Ourol Informa
Prazo de solicitude: ata o 30 de maio de 2018, incluído. Obxecto: Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde. A solicitude de praza neste programa de campamentos específicos para persoas con discapacidade é compatible coa solicitude de prazas de inclusión no programa Campaña de verán 2018 da D.X. de Xuventude e Voluntariado Persoas destinatarias: As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas. Requisitos:  Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.  Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.  Estar empadroado nalgún concello de Galicia.  Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.  Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.  Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.  Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita. Campamentos quendas específicas Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€ | Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€ Adxudicación: A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:  As persoas que non participaran en anos anteriores.  Residan habitualmente no domicilio familiar. No caso de empate a adxudicación de prazas farase por orde de entrada da solicitude. Documentación:  Solicitude (word) | Solicitude (pdf)  Informe médico (word) | Informe médico (pdf) As persoas seleccionadas teñen que aceptar ou renunciar á praza antes de 10 días dende que reciben a notificación de que foron aceptados. No caso de aceptar a praza hai que entregar tamén:  Xustificante de ter pagado.  Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado.  Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude.  Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.  Unha fotografía tamaño carné. É obrigatorio facer isto, para poder entrar na praza concedida. Lugar de presentación: Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade Prazo de presentación: Ata o 30 de maio de 2018 incluído. Máis información Concello de Ourol (Depto. Servizos Sociais) 982559109
Servicios Sociales 02-Mayo-2018 09:48