Ourol Informa
Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns (Consellería de Sanidade) e a ACIS (axencia de coñecemento en saúde), vaise a levar a cabo un CURSO DE “USO SEGURO DO MEDICAMENTO. MOBILIZACIÓN E COIDADOS DE PERSOAS DEPENDENTES” DATA: 5 DE XUÑO DE 2018 HORARIO: 16:30-20:30 LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE OUROL Obxectivos: - Dotar de habilidades ós coidadores de maiores en mobilización, cambios posturais e hixiene postural. - Concienciar á poboación sobre os beneficios e riscos asociados ao uso do medicamento. - Transmitir a importancia da adherencia ao medicamento. Programa: - Coidados en dependentes, técnicas de mobilización de persoas con dificultade de mobilidade e prevención de caídas. - Hixiene postural - Técnicas de mobilización: tipos de técnicas - Uso seguro do medicamento Relatora: María Olga Roca Bergantiños. Enfermeira. Supervisora da EOXI de Lugo. Destinatarios: Pacientes, familiares, persoas coidadoras e cidadanía en xeral. As inscricións poden realizarse directamente na páxina web da Escola Galega de Saúde (https://escolasaude.sergas.es/Contidos/Cursos-presenciais) ou ben dirixíndose ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (982559109)
Servicios Sociales 08-Mayo-2018 09:14