Ourol Informa
LUDOTECA DE VERÁN Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol, estase a organizar unha LUDOTECA DE VERÁN dirixida a rapaces e rapazas empadroados/as no Concello de Ourol, de idades comprendidas entre os 4 e 16 anos. OBXECTIVO: Conciliar a vida laboral e familiar das familias durante as vacacións de verán e servir de alternativa educativa e innovadora do tempo de lecer dos rapaces e rapazas. HORARIO: DE 10:30 A 13:30, DE LUNS A VENRES (contarase con servicio de conciliación dende as 8:00 e ata as 14:00 h. na biblioteca municipal) DURACIÓN: DO 2 DE XULLO AO 31 DE AGOSTO DE 2018 Nº DE PRAZAS OFERTADAS: 35 ADMISIÓN: as prazas serán cubertas por riguroso orde de inscrición, tendo preferencia aquelas familias con ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM (48.877,33€/ano) DOCUMENTACIÓN: solicitude cuberta en modelo normalizado; fotocopia da tarxeta sanitaria e DNI da nena ou neno solicitante; e declaración xurada de ingresos. SOLICITUDE DE PRAZA: A solicitude de praza da ludoteca poderá realizarse polo período completo, por semanas ou por días concretos establecidos no momento de realizar a matrícula. ACTIVIDADES: Diferentes actividades de animación e deportivas en diversos espacios (animacións temáticas, obradoiros creativos, xogos na piscina…etc). Realizarase unha Excursión ó Parque Acuático de Cerceda. PERÍODO DE INSCRICIÓN: *Do 1 ao 15 de xuño de 2018 (só para persoas empadroadas); *Do 18 ao 22 de xuño de 2018 (para persoas non empadroadas e só no caso de quedar prazas vacantes Para recibir máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ó teléfono 982559109. Esta actividade está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 28-Mayo-2018 10:38