Ourol Informa
Vacacións en Paz é un proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauis durante os meses de xuño e agosto, que en Galicia desenvolve Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS), a petición expresa do goberno da República Árabe Saharaui Democrática (RASD). Galicia ven participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos disfruten dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os cuidados das familias acolledoras galegas.

Archivos adjuntos:
Info General 29-Marzo-2019 09:47