Ourol Informa
A Xunta de Goberno Local do Concello, adxudicou as obras dunha nova instalación eléctrica no centro social de BRAVOS por case 12.000€. Con esta obra, trátase de emendar os defectos detectados pola empresa distribuidora BEGASA, polo que os traballos previsiblemente comezarán este mes de abril. Dende o Concello apostase, para que os centros públicos, teñan unhas instalacións dignas, e cumpran coa normativa vixente. A Corporación municipal, continuará, de esta maneira, co seu plan de mellora dos barrios e das infraestruturas, atendendo as necesidades, que lles transmiten os veciños e veciñas.

Archivos adjuntos:
Info General 02-Abril-2019 12:01