Ourol Informa
O equipo do Goberno local, do Concello de Ourol, adxudicou obras de reforzo e rehabilitación do firme, da varias pistas municipais, que se atopan cun firme irregular e envellecido. As obras consistirán na limpeza de cunetas, e colocación dun novo firme de aglomerado en quente na pista de acceso a Penaseixo en Bravos. Tamén se mellorará o acceso a Burgas en San Pantaléon, mellorando o firme mediante dobre rego e limpando as cunetas, finalmente actuarase no firme da pista, que da acceso a parroquia de San Pantaleón, que se atopa con peladuras e fochas xeneralizadas. Dende o Concello continuarase nesta liña, mellorando as vías do concello, sendo unha prioridade dende o comenzo deste mandato, co obxectivo de mellorar a seguridade e a comodidade na circulación.
Info General 08-Abril-2019 14:00