Ourol Informa
Dende o luns día 10 ata o 21 de xuño permanecerá aberto o prazo de inscrición para a ludoteca de verán do Concello de Ourol que contará con 20 prazas. A ludoteca é un recurso lúdico-educativo de conciliación para as familias en período de vacacións de verán. Este recurso vai dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e 12 anos. A data de comezo será o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto de 2019. Os horarios serán de 10:30 a 13:30 de luns a venres. As familias contarán ademais con un servizo complementario de conciliación para aqueles nenos e nenas que asistan á ludoteca e que cubrirá horario dende as 8:00 e ata 14:00 horas, na biblioteca municipal. No caso de quedar algunha praza vacante abrirase un novo prazo de inscrición durante os días 22 e 23 xuño para inscricións de nen@s que non estén empadroad@s no Concello de Ourol"

Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 07-Junio-2019 14:23