Ourol Informa
PROXECTO: ENTÉNDOTE, COLLE A MIÑA MAN! CHARLA DE PRESENTACIÓN DÍA: 27 DE XUÑO HORA: 11:00 HORAS LUGAR: EDIFICIO MULTIUSOS DO CONCELLO DE OUROL Dende o Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mulleres en Igualdade de Burela, vamos a levar a cabo un proxecto de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. Esta actividade está dirixida a todas aquelas mulleres que estén interesadas en participar. Para dar a coñecer o proxecto farase unha primeira charla de presentación na que se explicará en qué consiste, os talleres que se van a desenvolver, establecer o número de sesión e meses en que se vai a realizar…etc Todas aquelas mulleres interesadas en participar poden chamar ó departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol para anotarse ou obter máis información
Info General 19-Junio-2019 09:54