Ourol Informa
A Biblioteca de Ourol, un ano máis, pon a disposición de todos os seus socios/as os libros de lectura obrigatoria dos institutos e colexios da contorna. Se aínda non eres socio/a non dúbides en solicitalo. É un trámite moi sinxelo e totalmente gratuíto, só tes que cubrir unha ficha cos teus datos. Ademais podes ter acceso a todas as novidades en galego e castelán é tamén ó préstamo de libros electrónicos na plataforma GaliciaLe. Para calquera dúbida podes chamar ó teléfono 982 55 90 19 (Verónica) ou no correo electrónico: biblioteca@concellodeourol.es

Archivos adjuntos:
Biblioteca 12-Septiembre-2019 12:23