Ourol Informa
O Concello de Ourol acaba de editar o libro "José María e Manuel Riguera Montero: dous irmáns das montañas de Ourol de Muras" dos autores José Manuel López Chao e Guillermo Jorge Riguera. Unha biografía exhaustiva de dous personaxes destacados de Ourol e Muras que se viron obrigados a emigrar a Montevideo e que se converterán en referentes da vida académica e social da época. Por isto, comunícase que se pode pasar a recoller dito libro nas oficinas municipais, que se entregará un exemplar por vivenda e que deben estar empadroados no concello.
Biblioteca 23-Septiembre-2019 08:48