Ourol Informa
A Consellería de Cultura e Turismo convoca, con carácter voluntario e gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Destinatarios: persoas maiores de 16 anos que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego. Modalidade: presencial e teleformación. Prazo de presentación: ata o 19 de febreiro. Información: no DOGA nº 19 do mércores, 29 de xaneiro do 2020 ou nas dependencias municipais da Casa da Cultura de Ourol e no teléfono 982 55 90 19 (Verónica).
Biblioteca 31-Enero-2020 09:12