Ourol Informa
MODALIDADES: - Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade. - Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia. REQUISITOS: - Que ben o coidador ou ben a persoa que atende, sexan residentes na CA de Galicia. - Que a persoa a que se coida presente calquera das seguintes situacións: Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III. Que a persoa a que se coida presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social. Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do último exercicio. O período subvencionable comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de novembro de 2020. CONTÍA DA AXUDA: A contía estará determinada en función da renda per cápita da unidade familiar (RPCF), de acordo cos seguintes tramos: RPCF ata 3.750 euros: 14 €/hora. Superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora. Superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora. Superior a 10.000 euros: 7 €/hora. PRAZO: Ata o 30 de setembro de 2020. Para solicitudes e/ou máis información poden dirixire ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
Servicios Sociales 05-Febrero-2020 09:00