Ourol Informa
OBXECTO: Facilitarlles ás mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que teñan fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida (entre os 2 e 12 anos), exclusivamente ao seu cargo, un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo materno-filial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia. PRAZAS E DURACIÓN: Convócanse ata un máximo de 90 prazas, cunha duración de entre 7 e 9 días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro. CUSTE: GRATUITO (Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade). PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 24 de marzo de 2020 .
Servicios Sociales 26-Febrero-2020 13:34