Ourol Informa
OBXECTO: Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3. As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO. COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN: Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave: - Comunicación en lingua galega - Comunicación en lingua castelán. - Comunicación en lingua extranxeira (inglés) - Competencia matemática. No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 20 de marzo de 2020. CALENDARIO DO PROCEDEMENTO: Prazo presentación solicitudes Ata o 20 de marzo de 2020 Publicación da lista provisional de admitidos 20 de abril de 2020 Presentación de alegacións Ata o 24 de abril de 2020 Publicación da lista definitiva de admitidos 7 de maio de 2020 Realización das probas: Competencias clave de nivel 2 Competencias clave de nivel 3 Os dous niveis o sábado 16 de maio de 2020 Publicación dos resultados provisionais das probas 29 de xuño de 2020 Presentación de reclamacións Ata o 3 de xullo de 2020 Publicación dos resultados definitivos das probas 17 de xullo de 2020 INFORMACIÓN: DOG nº 38 de 26 de febreiro de 2020.
Emprego 27-Febrero-2020 13:34