Ourol Informa
O Concello de Ourol organiza unha Ludoteca de Verán para nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade durante os meses de Xullo e Agosto. Dará comezo o día 1 de xullo e rematará o 31 de agosto. O horario será de 10:30 a 13:30 e as actividades realizaranse fundamentalmente ó aire libre e no Pavillón Municipal. As solicitudes realizaranse vía telefónica ata o día 26 de xuño e por riguroso orde de chamada. Contamos con prazas limitadas. Adoptaranse as medidas necesarias frente ó Covid-19. Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 10-Junio-2020 13:23