Ourol Informa
O Concello de Ourol, por segundo ano consecutivo, únese á CAMPAÑA EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS para poñer de manifesto a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mullleres. Dende o Concello de Ourol queremos reiterar, neste 25 de novembro, o noso compromiso para erradicar as violencias contra as mulleres e combatelas con todos os recursos ao noso alcance e incluindo a todas e todos nesta loita (axentes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación…), recoñecendo, deste xeito, o importante papel das entidades locais como poderes públicos próximos ás realidades que viven mulleres e menores. No que vai de ano, 41 mulleres foron asasinadas en España víctimas da violencia machista. Por iso, este 25 de novembro invitamos a toda a cidadanía a que nos vistamos de loito, no traballo, na casa e na rúa, facendo visible os feminicidios, facendo visilble as violencias. Se queredes participar facendo visible o voso apoio neste campaña a través das redes sociais, podedes poñervos en contacto con nós a través do teléfono 982559109 ou no 677489457 para proporionarvos toda a información e materiais necesarios. AsÍ mesmo, neste contexto de crise sanitaria, e ante a dificultade de levar a a cabo actividades presenciais como en anos anteriores, convidamos a toda a veciñanza a manter un minuto de silenzo o día 25 de novembro ás 12:00 horas polas víctimas de violencia contra as mulleres, polas asasinadas e polas supervivintes. Non somos unha, nin dúas, somos milleiros de persoas que estamos fartas de aturar as violencias machistas. En xogo está a vida de milleiros de mulleres, por iso, EU LOITO CONTRA AS VIOLENCIAS, LOITO CONTRA O MACHISMO. DÍA: 25 de NOVEMBRO DE 2020 HORA: 12:00 HORAS 1 MINUTO DE SILENCIO POLAS VÍCTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Archivos adjuntos:
Info General 23-Noviembre-2020 11:39