BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLAS E FILLOS NO CONCELLO DE OUROL
BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLAS E FILLOS NO CONCELLO DE OUROL PUBLICADAS NO BOP NÚM. 047 – Sabado, 27 de febreiro de 2021 (http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/75159) OBXECTO DAS AXUDAS: Subvencións para familias do Concello de Ourol por nacemento, adopción ou acollemento de fillo/a e ata que a nena ou neno cumpra os 3 anos. CONTÍA DAS AXUDAS: A contía da axuda por nacemento ou adopción de nena ou neno será de ata 600€ por cada un, e será compatible con calquera outra axuda que se perciba por este motivo procedente doutras administracións. - Solicitantes con fillos/as menores de 1 ano á data de solicitude: 600€ - Solicitantes con fillos/as de entre 1 e 2 anos á data de solicitude: 480€ - Solicitantes con fillos/as de entre 2 e 3 anos á data de solicitude: 360€ REQUISITOS: - Ser español ou estranxeiro con residencia legal en España - Que polo menos un dos proxenitores figure empadroado no Concello de Ourol na data da solicitude, cunha antigüidade mínima de 9 meses. - A nai ou o pai así como os fillos/as polos que se solicita a axuda, deberán comprometerse a seguir empadroados no Concello, por un período mínimo de 1 ano despois de rematado o cobro das axudas SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN : As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol segundo o modelo oficial. Xunto coa solicitude acompañarase a seguinte documentación: - DNI da persoa ou persoas solicitantes. - Libro de familia ou documento acreditativo do nacemento ou adopción. - Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio presentarase fotocopia do convenio e/ou sentenza xudicial que atribúa a garda e custodia do menor que orixine a axuda. - Certificado da conta bancaria na que se solicita o ingreso da axuda. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Poderán presentar as solicitudes aquelas persoas que reunan os requisitos establecidos das bases a partir do día seguinte ó nacemento do/a fillo/a ou á resolución xudicial ou documento análogo constitutivo da adopción ou, neste último caso, da notificación ao solicitante e ata que o /a neno/a cumpra os 3 anos de idade. |
Servicios Sociales 01-Marzo-2021 12:51
|