Ourol Informa

A Consellería de Emprego e Igualdade acaba de abrir o prazo para a inscrición das Probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións.

OBXECTO:

Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO.

COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:

Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

-          Comunicación en lingua galega

-          Comunicación en lingua castelán.

-          Comunicación en lingua extranxeira (inglés)

-          Competencia matemática.

No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 7 de abrl de 2021.

DOCUMENTACIÓN:

-          Modelo de solicitude (dispoñible no portal web da Consellería (http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese)

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO:

 

Prazo presentación solicitudes: Ata o 7 de abril de 2021

Publicación da lista provisional de admitidos: Aproximadamente un mes despois do remate do prazo anterior

Presentación de alegacións: 4 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da lista provisional

Publicación da lista definitiva de admitidos: 1 semana despois da finalización da presentación de alegacións

Realización das probas: Ao longo do número de días calculados en función da limitación de capacidade vixente no momento de realización das probas

Publicación dos resultados provisionais das probas: Os resultados provisionais serán publicados na web da consellería aproximadamente 1 mes despois do desenvolvemento do último día de realización das probas.

Presentación de reclamacións: 4 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación dos resultados provisionais

Publicación dos resultados definitivos das probas: 1 semana despois da finalización da presentación de reclamacións

INFORMACIÓN:

-          Resolución do 26 de febreiro de 2021 da Consellería de Emprego e Igualdade (DOG nº 44 de 5 de marzo de 2021).

-          Instituto Galego das Cualificacións. Tfnos: 981-546840   981-541562   981546808      ctb.igcualif@xunta.es

-          Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 8:00 a 15:00 horas ou no teléfono ao 982-559109.













Emprego 05-Marzo-2021 09:32