SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO E REALIZACIÓN DE INSTALACIÓNS INDIVIDUAIS DE SISTEMAS DE TELEVISIÓN VIA SATÉLITE SAT-TDT, NOS FOGARES DE OUROL
OBXECTO: Subvencións para a instalación de receptores vía satélite (SAT-TDT), naquelas vivendas do termo municipal de Ourol, que non poidan captar o sinal da TDT por vía terrestre ou este sexa deficiente e facilitar, deste xeito, a súa captación a través do sistema de difusión satélite. REQUISITOS: a) Estar empadroado no concello de Ourol na vivenda onde se vaia facer a instalación, antes do 01/10/2020, e que esta sexa a vivenda habitual, na que se dea a condición de que non poidan captar o sinal da TDT por vía terrestre ou esta sexa deficiente. b) Aportar un informe técnico realizado por un distribuidor autorizado (www.sattdt.es), onde se acredite que no domicilio non se recibe o sinal da TDT, ou este sexa deficiente e no que a instalación do devandito receptor é a única posibilidade. c) As facturas serán abonadas a través de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso efectivo por portillo ou certificación bancaria, non admitíndose ningún outro modo de pagamento das mesmas. SUBVENCIÓN: Consideranse gastos subvencionables o custo do receptor TDT-SAT e os gastos derivados da súa instalación, máis a sintonización das canles no dispositivo instalado, (IVE incluído), ata un máximo de 400 € por domicilio. Os gastos subvencionados deben realizarse antes do 15/05/2021. As instalacións deben ser efectuadas por unha persoa física ou xurídica, que teña a condición de distribuidor autorizado, inscirto no rexistro de instaladores (www.sattdt.es ) . PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Ata o 15 de maio de 2021. DOCUMENTACIÓN: - Modelo de solicitude (BOP nº 60 de 15/03/2021) - Copia compulsada do DNI - Certificación conta bancaria - Copia compulsada da factura emitida. - Copia compulsada dos xustificantes bancarios, acreditativos do pago da factura - Certificado de medidas de cobertura terrestre, segundo Anexo da orde da convocatoria. - Certificado de empadroamento. - Documentación adicional da orde da convocatoria. INFORMACIÓN: - Bases da convocatoria publicadas no Boletín Oficial da Provincia nº 060 de data de 15/03/2021. Concello de Ourol. Tfno: 982-559109 |
Info General 23-Marzo-2021 14:00
|