CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIRRÁBICA E DE DESPARASITACIÓN
Vaise proceder a facer unha campaña voluntaria de vacinación antirrábica e de desparasitación contra o quiste hidatídico neste termo municipal.
Para elo se puxo en contacto co concello Julia Crespo (colexiada 1387) que xa fixo en anos anteriores esta campaña. A campaña de vacinación farase casa por casa, toda vez que está prohibida a concentración de cans. Os prezos destes servizos son: - Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 euros. - Implantación do microchip con crédito alta Regiac: 35 euros. O calendario de vacinación será o seguinte: - MERCORES 28 DE ABRIL: PARROQUIAS DE XERDIZ, MIÑOTOS E OUROL - VENRES 30 DE ABRIL: PARROQUIAS DE MERILLE, BRAVOS, SISTO, AMBOSORES E SAN PANTALEON. Para confirmar o seu interese, así como nos seguintes supostos: se non vacinou o seu can o ano pasado ou non puidese facelo nas datas sinaladas prégase se poña en contacto co veterinario resonsable da campaña no seguinte teléfono: Julia Crespo: 628-276428. Archivos adjuntos: |
Info General 09-Abril-2021 12:31
|