Ourol Informa

OBXECTO:

Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:

-          Tratamento de paredes medianeiras vistas, mediante cobertura con materiais de revestimento, pintado ou tratamento vexetal.

-          Revestimento e pintado de fachadas actualmente rematadas en ladrillo cerámico ou bloque de formigón sen revestir.

-          Renovación do acabamento exterior das fachadas de edificacións (parámetros e carpinterías) que supoñan un impacto paisaxístico como consecuencia da tonalidade e/ou a intensidade da actual cor de acabamento.

-          Remate exterior de cubertas realizadas con pranchas de fibrocemento, mediante a instalación ben de tella cerámica, ben de lousa, en función do material tradicional da comarca.

-          Acondicionamento e mellora de peches de predios de gran dimensión (altura superior a 1,50 m.), mediante a substitución de muros opacos por solución diáfanas ou sebes vexetais.

-          Revestimento de muros de cerramento de predios realizados con bloques de formigón, con fábrica de pedra semellante á cachotaría tradicional.

-          Substitución de celosías e outros tipos semellantes de pexas prefabircadas de cerámica de formigón, en cerramentos de predios, por solución diáfanas ou sebes vexetais.

REQUISITOS:

Só caberá presentar unha solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cada solicitude corresponderase cun único proxecto, áinda que en cada proxecto se poderá incluir máis dunha actuación

A persoa ou entidade solicitante deberá ter e acreditar a penas dispoñibilidade sobre os terreos ou inmobles en que se pretende realizar as actuacións.

GASTOS SUBVENCIONABLES:

-          Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas

-          Gastos correspondentes a honorarios facultativos pol aredacción dos proxectos técnicos.

-          Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.

CONTÍA DA SUBVENCIÓN:

O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.

PRAZO E SOLICITUDES:

Ata o 31 de maio de 2021, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxida de entrada das solicitudes.

INFORMA: 

Resolución do 29 de marzo de 2021 do Instituto de Estudos do Territorio (DOG nº 68 de data de 13/04/2021)

Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109





Emprego 15-Abril-2021 12:41