AXUDAS ECONÓMICAS PARA PERSOAS COIDADORAS DENTRO DO PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR
CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA PERSOAS COIDADORAS DENTRO DO PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR (Consellería de Política Social. Xunta de Galicia)- OBXECTO: Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadores - MODALIDADES: - Respiro no Fogar - Respiro en Residencia - PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada a unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria - REQUISITOS: - Que a persoa coidadora solicitante ou a a persoa ou persoas ás que atenda residan na Comunidade Autónoma de Galicia - Que a persoa que se atende presenta calquera das seguintes situación: o Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecido polo organismo competente unha discapacidade igual ou superior ó 75% o Ter recoñecida unha situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III o Que a persoa que se atende, a pesar de non cumprir coas epígrafes anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social. - TIPO DE AXUDA E CONTÍA - MODALIDADE DE RESPIRO: o Prestarase unha atención integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade co obxecttivo de ofertarlle ó seu coidador habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para contribuir ás súas necesidades puntuais derivadas da conciliaciónd as obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan. o Deberá ser prestado por persoal profesional legalmente acreditado con formación específica en atención a persoas con necesidades especiais e contratado directamente pola persoa coidadora. o A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións e cun máximo de 1.000 euros por beneficiario/ano - MODALIDADE DE RESPIRO RESIDENCIA: o Consistirá nunha achega para contribuir ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados. o As persoas coidadoras solicitantes da subvención serán as que aboen o importe total da estadía que hai que pagar o A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións previstas cun máximo de 1.500 euros por beneficiario/ano o Os centros residenciais elixidos deberán estar autorizados pola Consellería de Política social - PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 30 de setembro de 2021 - PERÍODO SUBVENCIONABLE: Dende o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021 |
Servicios Sociales 10-Junio-2021 14:12
|