AXUDAS TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL
CONVOCATORIA DE AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2020-2021)
BENEFICIARIOS: Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online. REQUISITOS: - Estar empadroado no Concello de Ourol - Figurar matriculado no curso académico 2020-2021 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados. TIPO DE AXUDAS: Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios: - De 1 Km a 15 Km ........................ 120 € - De 15 Km a 50 Km .......................150 € - De 50 Km a 175 Km .....................200 € - De máis de 175 Km ..................... 250 € PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 21 de xullo de 2021 DOCUMENTACION A APORTAR: - Modelo de solicitude - Fotocopia do DNI do/a solicitante cotexado co seu orixinal. - Certificación bancaria da conta corrente do interesado Xustificación para o cobro da axuda: 1.- Para os alumnos universitarios: 1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal. 1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse presentado polo menos ao 50 % das matrias correspondentes á matrícula do curso 2020-2021. 1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos 2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional: 2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2020-2021. Archivos adjuntos: |
Emprego 06-Julio-2021 09:16
|