CINE NA RÚA EN OUROL: MARÍA SOLINHA (Ignacio Vilar)
CINE NA RÚA EN OUROL: MARÍA SOLINHA (Ignacio Vilar) Este domingo 8 de agosto ás 22:15 h terá lugar, na Praza situada detrais do Concello, unha proxección do filme María Solinha do director galego Ignacio Vilar. Este filme narra a historia dunha muller que foi acusada inxustamente de bruxería pola Inquisición no século XVII para espoliala dos seus bens. María Solinha aborda o tema da violencia contra as mulleres nunha trama que se desenvolve entre o século XVII e o século XXI. Ignacio Vilar recupera ese personaxe histórico dende unha óptica feminista como unha metáfora contra toda agresión machista e como unha reinvidación pola igualdade de xénero. O elenco de protagonistas está formado por Laura Míguez, Grial Montes, Santi Prego, Antonio Durán “Morris", Mabel Rivera e Mela Casal. O prestixioso músico lucense Abrahan Cupeiro asina a música do filme, na que incorpora instrumentos milenarios. Esta actividade está subvencionada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para entidades locais. Contaremos con todas as medidas de seguridade, aforo, hixienización … etc derivadas da situación actual de COVID-19. Archivos adjuntos: |
Info General 06-Agosto-2021 09:03
|