BONO COIDADO: AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS ESCOLARES PARA O ANO 2021 (DOG Nº 151 DE 9 DE AGOSTO DE 2021)
BONO COIDADO: AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS ESCOLARES PARA O ANO 2021 (DOG Nº 151 DE 9 DE AGOSTO DE 2021) OBXECTO: Concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata 12 anos de idade incluidos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021. ACCIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES: *NECESIDADES PUNTUAIS: 1.- Enfermidade ou accidente do/a neno/a ou persoa coidadora. 2.- Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do/a neno/a. 3.- Situacións puntuais de coidado de familiares ata o segundo grao de parentesco que impidan a atención do/a neno/a. 4.- Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do/a neno ou nena. *NECESIDADES EN PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES: sempre que se acredite a imposibilidade de facerse cargo da atención do/a neno/a por motivos laborais. GASTOS SUBVENCIONABLES: 1.- Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar para o coidado do/a neno/a. 2.- Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio. 3.- Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social (ludotecas, espazos infantís ou servizos de atención á infancia) 4.- Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación específicamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos periodos vacacionais escolares. TIPO DE CONTÍA E AXUDA: - 500€ por unidade familiar no caso de contratación dunha empregada de fogar ou de servizo de atención á infancia a domicilio. - 200€ por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos específicamente organizados para atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 30 de setembro de 2021 As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento BS412A) |
Info General 12-Agosto-2021 12:35
|