Ourol Informa
O Concello de Ourol acaba de editar o libro "Os Bolechas: en Ourol somos iguais". Nesta nova aventura os Bolechas chegan a Ourol polo Paseo da Rega falando da importancia de transmitir ós nenos e nenas a educación en valores de igualdade, respeto, cooperación e solidariedade.
Podes recoller o teu exemplar de forma completamente gratuita na biblioteca de Ourol.


Archivos adjuntos:
Biblioteca 02-Septiembre-2021 08:47