OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR V
Está previsto por en funcionamento próximamente un Obradoiro de Emprego conxunto para os concellos de Ourol, Muras e O Vicedo denominado “Terras do Sor V”. Os participantes deste obradoiro recibirán formación que poderán acreditar cun certificado de profesionalidade nas especialidades que se impartan, ao tempo que terán acceso a un contrato de traballo durante a súa participación na actividade. A duración do obradoiro é de 9 meses e o número de alumnos/as participantes é de 20, correspondendo 6 a este concello distribuídos nas seguintes especialidades: - Traballos de carpintería e moble: 3 alumnos - Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 3 alumnos Para participar neste obradoiro as persoas interesadas terán que estar inscritas na Oficina de Emprego de Viveiro como desempregados/as e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que se establecerán nas bases da convocatoria respectivas. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio requirirase ter unha titulación mínima: ESO, Competencias Clave ou equivalente. Está previsto ademáis a contratación de persoal directivo e docente de apoio consistente nun director/a, tres monitores/as e un administrativo/a. Os interesados/as deberán pasar canto antes polo Concello de Ourol ou a Oficina de Emprego de Viveiro para inscribirse específicamente para Obradoiros de Emprego e nunha das dúas especialidades en concreto. A data prevista de inicio do obradoiro é o 15 de outubro de 2021 |
Emprego 10-Septiembre-2021 11:12
|