Ourol Informa
PROXECTO HABITA RURAL
O Concello de Ourol en colaboración coa organización sen animo de lucro Ecos do Sur está a desenvolver o Proxecto Habita Rural neste municipio.

Unha das accións incluídas neste proxecto é a de facilitar información sobre vivendas disponibles a persoas que queiran residir no concello.

A iniciativa inclúe a elaboración dunha listaxe de vivendas pertencentes a propietarios/as interesados/as en alugar, ceder ou vender a súa propiedade.

As persoas que desexen incluir a súa vivenda neste censo deberán poñerse en contacto co concello e este traladará a súa petición a Ecos do Sur. A ONG contactará cos/as interesados/as para avaliar a adecuación da vivenda e as posibilidades para o aluguer, cesión ou venda, así como os recursos públicos existentes en materia de rehabilitación e aluguer social, no caso de ser pertinente.

A inclusión no censo de vivendas non ten custe e a información será tratada de xeito confidencial. O censo non será público sin será tratado con outro fin que o informativo para persoas que desexen residir no municipio.

Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol, en horario de 8:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.



Archivos adjuntos:
Info General 25-Octubre-2021 14:39