CURSO COIDANDO Ó COIDADOR
O Concello de Ourol, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para cidadáns, organiza o curso COIDANDO Ó COIDADOR cos seguintes obxectivos:
- Formar a coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de axudas técnicass que faciliten a súa labor. - Previr o síndrome do coidador e codependencia nos familiares e coidadores. - Previr o estrés e sobrecarga na persoa coidadora. Este curso terá lugar o día 18 de novembro ás 16:30 horas no Edificio Multiusos. Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden chamar ós teléfonos 982559109/ 677489457 para anotarse. Archivos adjuntos: |
Servicios Sociales 08-Noviembre-2021 13:16
|