DÍA MUNDIAL DA SIDA
Cada ano, o 1 de decembro, o mundo conmemora o Día Mundial da Sida. Ese día xente de todo o mundo únese para apoiar ás persoas que viven co VIH e recordar os que faleceron por enfermidades relacionadas ca sida. Cada Día Mundial da Sida xira en torno a un tema diferente. Este ano o lema é: Poñer fin ás desigualdades. Poñer fin á sida. Poñer fin ás pandemias. Establecido en 1988, o Día Mundial da Sida foi o primeiro día dedicado á saude en todo o mundo. Dende entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reunense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH. O Concello de Ourol, como en anos anteriores, únese ó chamamento de ONUSIDA para recordar neste día a importancia da pandemia por VIH no mundo. Instalaranse dúas mesas informativas, unha na casa da cultura e outra no concello, con diversos materiais divulgativos. Archivos adjuntos: |
Servicios Sociales 01-Diciembre-2021 10:12
|