Ourol Informa

Este programa ten como finalidade a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de excursións dentro da provincia de Lugo. Os servizos incluídos son: transporte para os traslados de ida e volta desde os lugares de orixe, poliza de seguro, xantar e entradas e visitas a diferentes lugares. Cada grupo irá acompañado de guía. As entidades beneficiarias deben escoller un de entre os 37 itinerarios elaborados nas bases do programa. As excursións terán lugar entre os meses de marzo e xuño e de setembro e novembro, en días laborables. En cada excursión poderán participar un máximo de 23 persoas e un mínimo de 11. O programa terá carácter gratuíto para as entidades beneficiarias. Presentación de solicitudes: o prazo remata o día 1 de febreiro do 2022. Mais información no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, nº 012 do luns, 17 de xaneiro do 2022, no teléfono 982 55 90 19 ou na Casa da Cultura.



Archivos adjuntos:
Info General 18-Enero-2022 09:52