Ourol Informa
Infórmannos dende o Área de Coordinación de Teleasistencia (Atenzia Lugo) dun posible fraude relacionado co servizo de teleasistencia. Nas últimas horas varios usuarios públicos de teleasistencia, en diferentes municipios da provincia, comunicaron que recibiron chamadas telefónicas solicitándolles datos bancarios para o cobro de “gastos” ou “cuotas”.
 O servizo de teleasistencia da Deputación Provincial é totalmente GRATUITO para os usuarios.
Agradecemos a máxima difusión
Servicios Sociales 25-Febrero-2022 10:25