A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e Silman 97, a través do programa
"COIDADOS PORTA A PORTA", prestará, de xeito gratuito, unha serie de servizos destinados ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.
Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os seguintes:
- Servizo de Audioloxía : consistente en revisión e valoración auditiva
- Servizos de podoloxía: para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés (eliminación de durezas, control de uñas)
- Servizos de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas: consistente en realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomái persoal. As unidades móbiles dipoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora. No noso concello estarán os días 30, 31 de marzo e 1 de abril no parque municipal de Ourol (ÁREA DE AUTOCARAVANAS). O DÍA 30 DE MARZO ÁS 10:00 haberá unha charla informativa no Edificio Multiusos para explicar e dar a coñecer o programa "Porta a Porta". Pide xa a túa cita no teléfono 622 748 283
Archivos adjuntos: