Este sábado día 14 temos o IV Rallye Mariña Lucense:
Parroquias afectadas: Xerdiz e Ourol O tramo no noso concello: Saldrá da Taberna de Xerdiz e rematará en Juan Blanco (300 metros antes da antiga taberna). Vías afectadas: LU - 3804: De Belsar a praza de Viveirón LU - 3811: Dende o salero do cruce de As Rabiñas ata Juan Blanco Estas estradas estarán cortadas dende as 7:30 da mañá ata as 15:15. Por eso rogamos as persoas habituales desas estradas; que busquen rutas alternativas (nese tramo horario). O tramo ten unha lonxitude de 11,68 km. Saldrá da Taberna de Xerdiz; en dirección a Viveirón, ata o cruce das Rabiñas situado xunto ó salero; onde se desvían dirección Juan Blanco. O tramo terá duas pasadas: Na primeira pasada o primeiro coche saldrá as 8:38 Na segunda pasada o primeiro coche saldrá as 12:14 Estamos ante un evento deportivo de alto nivel; cos mellores pilotos de rallyes de Galicia; por iso animamos a todolos veciños á asistir, así como a extremar as precaucións, respetar a sinalización e as indicacións dos comisarios, chegar con antelación ó punto onde desexamos colocarnos, e sobretodo colocarnos en lugares fora de peligro. Archivos adjuntos: |
Protección Civil 09-Mayo-2022 19:26
|