Ourol Informa
CONVOCATORIA DE AXUDAS DE TRANSPORTE AO ALUMNADO DO CONCELLO DE OUROL QUE REALICE ESTUDOS FORA DO TERMO MUNICIPAL (CURSO ACADÉMICO 2021-2022)



BENEFICIARIOS: Mozos do concello de Ourol que estean cursando Bacharelato ou algunha modalidade de ciclos formativos de grao medio ou superior e graos, masters, teses ou doutorados universitarios, agás os realizados na modalidade de formación a distancia ou online.


REQUISITOS:

- Estar empadroado no Concello de Ourol

- Figurar matriculado no curso académico 2021-2022 en centros de ensinanza financiados con fondos públicos nos que se cursen os estudos relacionados.


TIPO DE AXUDAS:

Segundo a kilometraxe na que estea incluído con arranxo aso seguintes criterios:

- De 1 Km a 15 Km ........................ 120 €

- De 15 Km a 50 Km .......................150 €

- De 50 Km a 175 Km .....................200 €

- De máis de 175 Km ..................... 250 €


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 18 de xullo de 2022


DOCUMENTACION A APORTAR:

- Modelo de solicitude

- Fotocopia do DNI do/a solicitante cotexado co seu orixinal.

- Certificación bancaria da conta corrente do interesado


Xustificación para o cobro da axuda:

1.- Para os alumnos universitarios:

1.1.- Fotocopia da matrícula cotexada co seu orixinal.

1.2.- Extracto do expediente universitario ou certificación do centro académico de terse  presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula do curso 2021-2022.

1.3.- Documentación que acredite a localidade onde se están a cursar os estudos


2.- Para os alumnos/as de Bacharelato ou Formación Profesional:

2.1- Fotocopia cotexada do boletín de cualificación ou certificación académica expedida polo centro ou certificación do centro de terse presentado polo menos ao 50 % das materias correspondentes á matrícula no curso 2021-2022.


Archivos adjuntos:
Info General 04-Julio-2022 10:06