Ourol Informa

A Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo (AELU) e a Deputación de Lugo poñen en marcha o Programa Feminino Rural. Donas do Rural. Donas de Si.

Trátase dunha iniciativa que dará apoio, formación e asesoramento de maneira gratuita a mulleres empresarias e emprendedoras do rural para que melloren o seu negocio ou poidan poñer en marcha con garantías a súa idea emprendedora.

Co obxectivo de chegar ao maior número de mulleres posible e facilitar a súa participación, todas as acción do proxecto faranse de maneira deslocalizada, nas comarcas da Mariña, Lugo, A Ulloa, Terra Chá, Sarria, A Montaña e a Ribeira Sacra. En cada unha destas comarcas realizarase unha presentación e un almorzó de traballo no que participarán 25 mulleres de cada unha das zonas obxecto da iniciativa, coa finalidade de crear sinerxias e fomentar o intercambio de experiencias entre elas.

Nunha segunda fase do proxecto participarán unha selección de 5 empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo, as cales recibirán unha formación e un asesoramento persolanizados, que irán dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade ae abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan o s negocios en marcha, e para constituir e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.

Está aberto o prazo de inscripción para a participación na edicion da comarca de A Mariña.

O vindeiro 18 de xullo ás 10:00 horas terá lugar un almorzo gratuito no Restaurante O Frenazo (Alfoz) para que as emprendedoras e empresarias da comarca da Mariña se coñezan.

Para inscricións, información e consultas poden chamar ao 982-226991  /   655947735

 



Archivos adjuntos:
Emprego 14-Julio-2022 09:02