Ourol Informa

OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL:

1 LIMPADOR/A.  XORNADA COMPLETA (CONTRATO DE INTERINIDADE)

 

Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de unha praza de limpador/a de edificios municipais no Concello de Ourol a xornada completa.

Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal de substitución da persoa traballadora polo tempo que dure a baixa.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 19 ao 22 de xullo de 2022 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es 

Emprego 18-Julio-2022 11:40