Ourol Informa
A Deputación de Lugo puxo en marcha o programa Activate que se compón dunha serie de actividades de turismo activo, de carácter gratuito.
O sábado día 23 de xullo, en horario de 10h a 12h, celebrarase no Concello de Ourol a actividade denominada Clase dirixida combinada cun total de 30 participantes; dita actividade será unha divertida clase que inclúa elementos de forza, cardiovasculares, relaxación e corrección postural, todo isto xunto cun acompañamento musical.
Esta actividade estará supervisada por profesionais do sector.

Para poder inscribirse nesta actividade poderase facer a través da web https://inscricions.deputacionlugo.org/gl entre os días 15 de xullo e 21 de xullo.
No caso de ter calquera dúbida, poderase poñer en contacto co Servizo de Turismo no correo activate@deputacionlugo.org ou no teléfono 982 260 235.

Turismo 19-Julio-2022 13:49