Ourol Informa
Este sábado día 13 teremos o Gran Premio San Roque - Ourol de ciclismo, pertencente a Copa Galicia de Estrada 2.022
As probas van comezar as 10 da mañá, as probas de 10 a 11:30 discurrirán sólo pola travesía de Ourol, dende o parking de caravanas ata a rotonda do paseo.
10:00 horas Ciclismo Inclusivo - Solo travesía
10:30 horas Promesas - Solo travesía
11:00 horas Principiantes - Solo travesía

As probas de alevíns e infantís, saldrán de diante da Casa da Cultura e irán por Sobrado, Chao de Ourol, Iglesia ata a canteira, regresando pola LU P- 3801 por Os Muiños, Macedo ata a Casa da Cultura onde estará a meta.
11:30 horas Alevíns - Por Chao de Ourol - Iglesia e Os Muiños
12:00 horas Infantís - Por Chao de Ourol - Iglesias e Os Muiños

As probas femenina e cadete serán pola tarde e afectarán as parroquias de Ourol, Merille e Bravos. Saldrán de diante da Casa da Cultura, incorporándose a LU 540 dirección Merille, en A Revolta desviaranse dirección Bravos; ata ó Pousadoiro onde se desviarán dirección Pousada; para incorporarse a LU 540 en dirección Landrove e Galdo, entrarán en Bravos pola LU P-6602 ata A Garita; onde se desviarán para O Trobo e Pousadoiro; para incorporase a LU-540 en A Revolta. Entrarán a Ourol polo paseo da Rega, despois de desviarse da LU-540 ó final do viaducto.
15:30 horas Femenino - Por Ourol - Merille - Landrove - Galdo- Bravos e Ourol.
17:00 horas Cadetes - Por Ourol - Merille - Landrove - Galdo - Bravos e Ourol.

Todas as probas terán a saida e chegada diante da Casa da Cultura.
Entre carreira e carreira, abrirase uns minutos ó trafico, pero rogamos moito coidado ó circular, así como un pouco de paciencia nos cortes das estradas, xa que teremos centos de nenos adestrando e correndo polo noso concello.
Así mesmo animamos a asistir como público as distintas probas, e dar folgos os que nun futuro serán os mellores ciclistas de Galicia.



Archivos adjuntos:
Protección Civil 09-Agosto-2022 13:53