Ourol Informa

Con motivo da celebración do Día Mundial da SIDA, día 1 de decembro, o concello de Ourol únese ó chamamento de ONUSIDA, a axencia de Nacións Unidas para a SIDA, para que neste día se recorde a importancia da pandemia polo VIH no mundo.

O concello de Ourol quere participar na difusión da Campaña que ten como obxectivo facer chegar a mensaxe de que a infección polo VIH e SIDA segue presente no noso medio, que moitas persoas infectadas descoñecen que o están, e que é importante redoblar os esforzos no diagnóstico e tratamento precoz.

Instalaranse dúas mesas informativas, unha na Casa consistorial e outra na Casa da Cultura, con material divulgativo e de prevención.







Archivos adjuntos:
Servicios Sociales 01-Diciembre-2022 08:37