Está aberto o prazo de solicitude para a concesión dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables.
PERSOAS BENEFICIARIAS: Poderán ser beneficiarias do bono dixital as persoas que xa sexan beneficiarias das prestacións públicas da Risga da Xunta de Galicia ou do IMV do Goberno de España. Tamén poderá ser beneficiaria calquera outra persoa física maior de idade con ausencia ou déficit grave de recursos económicos ou que se atope en situación ou risco de exclusión social ( con ingresos non superiores a 723,77€ mensuais na unidade familiar se non hai menores e 1013,28€ mensuais no caso de existir menores) CARACTERÍSTICAS DO BONO DIXITAL: O bono dixital permitiralle ao solicitante unha minoración mensual de ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses, chegando a acadar como máximo os 240 euros. PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 16 de decembro de 2022. PARA MAÍS INFORMACIÓN E SOLICITUDES PODEN DIRIXIRSE Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE OUROL |
Servicios Sociales 07-Diciembre-2022 10:29
|