PLAN RENOVE ELECTRODOMÉSTICOS
A Axencia Instituto Enerxético de Galicia vai a abrir próximamente as subvencións do Plan Renove de Electrodomésticos.
PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas físicas que realicen alguna das actuacións nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na lista que se publique na páxina web do Inega (www.inega.gal) ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: A renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos: - Substitución de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética establecidos na mesma táboa: Electrodomésticos subvencionables: Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D Lavadora A, B ou C Lavalouza A, B ou C Placas de cociña de inducción total (soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas) No caso das placas de cociña, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de inducción total (placas que teñan soamente tecnoloxía de inducción, non mixtas). Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación. CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS: Na seguinte táboa establécese a axuda máxima por electrodoméstico en función da súa tipoloxía. Un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipamentos incluídos e cun máximo de tres electrodomésticos por beneficiario. Axuda máxima (€/electrodoméstico): Frigorífico, frigorífico-conxelador e conxelador on clasificación enerxética A, B C ou D: 150 € (Consumidor Xeral) 300 € (Consumidor vulnerable) 450 € (Consumidor vulnerable severo) Lavadora A, B ou C e Lavalouza A, B ou C: 100 € (Consumidor Xeral) 200 € (Consumidor vulnerable) 300 € (Consumidor vulnerable severo) Placa de indución total (soamente tecnoloxía de inducción): 100 € (Consumidor Xeral) 200 € (Consumidor vulnerable) 300 € (Consumidor vulnerable severo) A cantidade de subvención non poderá ser superior ao 25 % do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50 % para consumidores vulnerables e do 75 % para consumidores vulnerables severos. PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: Do 8 de febreiro ao 30 de setembro de 2023 ou cando se esgoten os fondos. INFORMA: Resolución do 12 de decembro de 2022 do INEGA (DOG nº 11 de data de 17/01/2023) Na páxina web do INEGA (www.inega.gal) e no correo electrónico (inega.info@xunta.gal) No teléfono: 981-541500 Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109 |
Emprego 02-Febrero-2023 09:37
|