Ourol Informa

BENEFICIARIOS:

a)       Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial

b)       Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.

 

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:

Os proxectos de biomasa que se subvencionarán son os do grupo:

B1 - Caldeiras que utilicen leña.

B2 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 l.

B3 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 l.

Serán subvencionables:

a)       O equipamento principal de xeración enerxética

b)       O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas.

c)       Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.

d)       O custo do sistema de almacenamento e alimentación do combustible.

e)       O custo de montaxe e conexión.

PRAZO SOLICITUDE BENEFICIARIOS:

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas.


As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
  • Inicio solicitude: 1 de marzo de 2023
  • Fin solicitude: 29 de xuño de 2023

CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS:

A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación.

A contía máxima da axuda por proxecto será de 8.000 €

INFORMACIÓN: INEGA. DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2023.

Teléfono de información: 981-541500

www.inega.gal

No correo electrónico: inega.info@xunta.gal




Emprego 02-Febrero-2023 13:38