Ourol Informa

CURSOS CONVOCADOS: Cursos presenciais e cursos en liña.


PERSOAS DESTINATARIAS: todas as persoas interesadas maiores de 16 anos.

SOLICITUDES: as solicitudes para participar nestes cursos deberán facerse a través do seguinte enderezo electrónico: https://formacion-lingua.xunta.gal , seleccionar o curso que se desexe realizar e cubrir a solicitude de inscrición. Non se admiten outras formas de presentación de solicitudes. Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso.

As persoas que soliciten un curso en liña deben dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos.

-          Un ordenador con conexión a internet (de banda larga).

-          Un navegador web (recomendase ter instalada a última versión de Firefox).

-          Acceso á conta de correo electrónico especificada na solicitude de inscrición.

-          Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).

PRAZO DE PRESENTACIÓN: será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

ASIGNACIÓN DE PRAZAS: a asignación farase a través dun sorteo aleatorio puro, a orde de entrada das solicitudes de inscrición será indiferente.

A realización dos cursos non dará dereito a ningún tipo de certificación, pois trátase de cursos de carácter preparatorio das probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega (Celga) que se convocan periodicamente.

Máis información do DOGA nº 29 do  venres, 10 de febreiro de 2023.

No teléfono 982 55 90 19 ou na Biblioteca Municipal de Ourol.
Biblioteca 10-Febrero-2023 09:27