Ourol Informa
O Concello de Ourol organiza un ENCONTRO DE MAIORES para persoas de máis de 55 anos empadroadas no Concello , que terá lugar o domingo día 12 de marzo ás 14:00 horas no Restaurante Louzao (Area-Viveiro). Este encontro que consistirá nunha COMIDA amenizada por música en directo ten como obxectivo fundamental servir de espazo de encontro e relación entre os maiores do noso Concello.

Data límite para anotarse: 9 de marzo
Lugar de recollida de entradas: departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol.
Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chama ós teléfonos 982559109/677489457



Archivos adjuntos:
Info General 27-Febrero-2023 14:14