Ourol Informa

A Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Ourol, pon en marcha un novo plan de dixitalización das pequenas e medianas empresas co obxectivo de axudar as PEMES e persoas autónomas a integrar nas súas empresas solucións dixitais que melloren o seu rendemento.

Para levalo a cabo, conformouse unha Rede de Oficinas acelera Peme para contornas rurais, que acollerá todo tipo de actividades económicas.

As PEMES e persoas autónomas participantes contarán con asesoramento individualizado e personalizado en materia de transformación e capacitación dixital por parte de axentes dixitalizadores  que visitaran as empresas.

Deste xeito, buscaranse as solucións máis axeitadas a cada caso en particular, axudando a optimizar os procesos, a xestionar e relacionarse coa clientela e outros trámites importantes como por exemplo a solicitude do certificado dixital. O asesoramento e acompañamento será a longo prazo. Este servizo xa está operativo. As persoas que o desexen poderán poñerse en contacto a través do número de teléfono 629604087 ou no correo acelerapymesmail.com.

SERVIZOS QUE OFRECE O PROGRAMA ACELERA PYME RURAL

1.       Certificado dixital.

2.       Factura electrónica

3.       Solicitude das axudas do kit dixital

4.       Mellora da imaxe corporativa do negocio

5.       Técnicas de mellora a través do marketing dixital

6.       Elaboración de material publicitario :fotografía e vídeo

7.       Creación ou mellora do perfil da empresa en Google

8.       Creación e mellora da paxina web

9.       Creación e mellora de tende online

10.   Creación ou mellora de redes sociais

11.   Posicionamento en Internet

12.   Watsapp para empresas

13.   Programa de xestión de clientes (CRM)

14.   Programa de xestión de stock

15.   Xestión do negocio, interpretación de datos, análise de clientes, novos hábitos de consumo.

16.   Nocións básicas de xestión económica da empresa.

17.   Novas oportunidades de negocio. Licitación pública electrónica.

 

 

 
Info General 22-Marzo-2023 10:03